Continúa a maldición tinerfeña para o Obradoiro C.A. B.

3 minutes read

Cando os primeiros arqueólogos occidentais comezaron a desenterrar as momias dos faraóns e raíñas do antigo Exipto empezaron a producirse moitos falecementos repentinos entre eles. Empezouse a falar da maldición de Tutankamón e dos faraóns, ata que se chegou á conclusión, de que estes súbitos decesos, eran debidos á acumulación de gases tóxicos, prevalecientes no tempo. Desta egiptológica maneira podemos describir o ocorrido este sábado 12 de outubro, no Santiago Martín, cancha do Iberostar Tenerife, popularmente chamada, a hamburguesa, onde os particulares “gases tóxicos” do Obra manifestáronse en forma de perdas de balón, un paupérrimo 9/23 en triplos, xunto con 25 rebotes obradoristas por 35 tinerfeños o que desencadeou na perda do partido por 90-78. E van 8 derrotas noutras tantas tempadas nas que ambos os equipos comparten o universo ACB, sendo esta xunto coa do Estudantes, as únicas pistas onde Obradoiro, aínda non foi capaz de gañar nunca. A vitoria dos canarios cimentouse nunha excelsa actuación de un” imperial” Shermadini, 19 puntos e 8 rebotes, para contabilizar unha valoración de 23. Ben apoiado polo base Hortas, 14 puntos, 19 de valoración e unha ex -Obra, Kyle Singler, con 16 anotados e outros tantos en valoración. Pola contra, os destacados do Obradoiro non chegaron ás estatísticas destes 3. Sendo, outra vez Magee 12 puntos, 14 de valoración e Deixan Kravic 18 puntos e 13 de valoración os mellores dos visitantes. Ao pivote serbio tocoulle bailar coa máis fea e fajarse co xeorxiano Shermadini, de 2,17 m, MVP do partido quen estivo omnipresente, contundente e efectivo. O partido comezou sendo unha batalla táctica con ambas as defensas forzando erro tras erro. A igualdade foi a tónica dominante, acabando o primeiro cuarto 24-22 para os locais. O segundo cuarto foi de escaseza anotadora para os galegos quen tan só encestaron 12 puntos. Singler esnaquizou aos seus outrora compañeiros con 10 puntos e, aproveitando o mal momento Obra, selou o paso polos vestiarios con outros tantos de vantaxe, 44-34. Tras o paso polos vestiarios, e o lonxe de renderse, a arenga do alquimista de Pontepedriña, Moncho Fernández producía efecto e iniciaba a remontada. Da man dun ata entón desaparecido Czerapowizc e con 2 triplos consecutivos de Álvaro Muñoz o Obra empataba o encontro 55-55, era o minuto 26. Para finalizar o terceiro cuarto 63-60. Parecía todo encamiñado cara a outro final de infarto, máxime cando ao chegar ao ecuador do último cuarto, no minuto 35, o luminoso reflectía 72-69, a un único triplo de distancia. Pero nos últimos 5 minutos e parafraseando ao coach Moncho Fernández: “regalamos o partido nos últimos minutos”, o Obra tirou o partido. A clave deste desastroso final foron os numerosos erros en defensa con perdas e ataques regalados. Aínda así, o resultado é enganoso e non mostra a igualdade reinante. Regresa pois, a Santiago, o equipo, coa lección dos erros e precipitación final, agardamos, ben aprendida. A continuar pelexando nesta durísima liga, xa que este inicio de calendario está a ser especialmente duro para os da capital de Galicia. E de sobremesa, o próximo rival en casa, o todo poderoso Real Madrid, actual campión de liga e un auténtico transatlántico con aspiracións de conquistar a Euroliga. A recado haberá llenazo en Sar, e por que non, soñar coa vitoria. Non sería nin a primeira nin a segunda vez que o Obradoiro conségueo.

ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO