O Calvo Basket Xiria non puido co ULE Basket León

1 minutes read

O Básket León tentouno máis e cambiou a súa dinámica negativa no Palacio ante o Calvo Básket Xiria. Os de Julio González viñan de sufrir dúas derrotas consecutivas e necesitaban canto antes recuperar as boas sensacións para non meterse en problemas. Melloraron as súas prestacións, sobre todo en ataque e levaron o partido fronte aos de Fernando Buendía por 13 puntos de vantaxe (88-75). O Calvo Basket Xiria estaba nunha situación parecida ao Basket León antes do partido, cunha vitoria máis que o conxunto leonés e que tras esta xornada quedan en táboas, logo da viaxe de volta, semana de traballo para recuperar, se é posible, algunha baixa, sensacións e bo xogo.