Os dous equipos da Comarca de Bergantiños volveron a perder nesta xornada número 20 da Terceira División Grupo 1. Non tiñan encontros fáciles ningún dos dous equipos, o Bergantiños CF xogaba a todo ou nada en Carballo ante o Ourense CF e caeu goleado por un contundente 0-3. Pola súa banda o UD Paiosaco-Hierros, logo dunha leve melloría nas pasadas xornadas, volveu a perder, esta vez pola mínima 1-0 na casa do Ourense UD e vólvese a posicionar como pechacancelas na táboa clasificatoria.
Resultados Xornada 20.Clasificación tras a Xornada 20.