17
Última viaxe ás illas para o Calvo Xiria, que se enfrontará ao Balonmano Ingenio este sábado ás 18:00 (19:00 horario peninsular) no pavillón Pedro Padilla, nas Palmas. O Calvo Xiria, busca sumar dous novos puntos que lle manteñan na loita por alcanzar os dous primeiros postos, ademais do aliciente de gañar a un dos rivais que lle derrotou na primeira volta. Brais Puñal causará baixa nas filas carballesas.
É a primeira final dun emocionantísimo mes de marzo, onde o equipo deberá sacar o máximo rendemento, e seguir en continua evolución. É a evolución do equipo, que se poñerá a proba de novo diante dun Balonmano Ingenio que dispón dun persoal máis amplo cando xoga como local, o que lle permite ter unha mellor rotación.