A clave da maioría absoluta en Galicia: O deputado 38

1 minutes read

Coas eleccións autonómicas no horizonte, tan só a un mes de celebrarse, son xa varias as enquisas que coñecemos nas últimas semanas, das que se extraen varias conclusións, como a resistencia do Partido Popular e do PSdeG, ou o aumento dos apoios no caso do BNG a costa da esquerda rupturista baseada en Podemos. Tamén contémplanse as escasas opcións de representación de VOX e a nulidade de Ciudadanos.

Pero co 5% mínimo de apoio que precisan as forzas para obter representación, nos últimos días vían a luz estudos que ofrecían a posibilidade de que Alberto Núñez Feijóo perdera deputados ao quedar os votos a Vox e Ciudadanos orfos de representación.

Lugo e Pontevedra, as claves

Con todo aberto e unha marxe que podería ser estreita entre espectros ideolóxicos, semella que a batalla que darán os partidos centrarase nas provincias de Lugo e Pontevedra, onde as enquisas conceden os derradeiros escanos de cada provincia por unha estreita diferencia, en Lugo entre o PP e o BNG, e en Pontevedra entre os populares e o PSdeG.

Ese baile de escanos podería ser fundamental á hora de decantar a balanza cara un lado ou cara outro. Cos partidos botando números, cabe esperar que nas próximas semanas as formacións intensifiquen a loita pola captación de sufraxios nas dúas circunscricións mencionadas, pois uns cantos centos de votos poderían supoñer un goberno.