Segundo unha enquisa deste luns, o BNG multiplicaría por tres a súa representación no Congreso

1 minutes read

Nova enquisa de GAD3 a que publica este luns o xornal ABC. Son varias as conclusións entre as que destacan o mantemento da representación do PSOE con respecto ao 10-N,  ou o aumento en ata 26 actas do Partido Popular a costa de VOX e Ciudadanos.

O bloque do apoio á investidura de Pedro Sánchez veríase mermado en 7 deputados, pero as dereitas non serían quen de sumar aínda unha maioría alternativa.

O BNG sumaría dous deputados

Quen aumentaría a súa representación segundo este inquérito sería o BNG. Os nacionalistas medrarían ata os 3 deputados, un resultado que igualaría ao das eleccións do ano 2000, cando Francisco Rodríguez era cabeza de lista da formación, nunhas eleccións nas que superaran os 300.000 votos.