Aarón afrontará a súa oitava tempada co Bergantiños FC

1 minutes read

O capitán do primeiro equipo e o presidente do club, Luciano Calvo, asinaron a renovación do futbolista, que chegou a As Eiroas na tempada 2012/13 procedente do Laracha C.F. Ao curso seguinte fichou polo Depor B, onde militou unha só tempada antes de regresar a Carballo. Imprescindible desde entón na banda esquerda do Bergantiños, herdou o brazalete de capitán tras a retirada de Borja Facal. É tamén un habitual nas aliñacións da selección galega, con quen este ano se proclamou campión da Copa das Rexións UEFA. O club agradece a comprensión que está a recibir dos xogadores á hora de renovar. O que nos tocou vivir co Covid-19 provoca unha situación económica incerta e o Bergantiños C.F. non é alleo a ela.