Galicia será a primeira comunidade en saír do estado de alarma

0 minutes read

O Goberno galego solicitou este venres oficialmente ao Executivo español o levantamento do estado de alarma en Galicia a partir do día 15 e o Executivo español deu o seu acordo. “Cumprimos todos os requisitos”, manifestou Núñez Feijóo tras o Consello da Xunta. O presidente galego considera que xa se pode dar por superada a Fase 3. Entramos agora no que o Goberno español chama nova normalidade”, dixo Feijóo, quen anunciou que este sábado o DOG publicará unha serie de medidas e normas para esta fase. Medidas que complementarán as fixadas no real decreto aprobado polo Executivo estatal.