22
Nun acto celebrado na porta principal da Estación de ferrocarril da Coruña, a cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil e o candidato pola Coruña, Xosé Luís Rivas afirmaron que un goberno do BNG na Xunta impulsará a creación “dun ente público que xestione e promova o GALTREN, tren de proximidade galego”.
A candidata nacionalista asegurou que, a día de hoxe, as conexión ferroviarias lonxe de mellorar, empeoraron nos últimos anos “sen que o Partido Popular fixera nada” por mudar a situación. Rodil mostrou o seu rechazo a que Galiza teña un tren do século XIX e defendeu “unha mobilidade racional e moderna” na que o tren sexa o principal motor.