O brote de COVID-19 rexistrado na zona da Mariña incrementa o seu número de afectados, con 33 positivos fronte aos 28 que se rexistraban este luns, o que levou as autoridades sanitarias a suspender polo momento a celebración de verbenas e festas populares, así como a apertura de locais de lecer nocturno e discotecas, que debían reiniciar a súa actividade este 1 de xullo. Así o anunciaron os responsables sanitarios da Mariña, Begoña Seco, e da área sanitaria de Lugo-Monforte-A Mariña, Ramón Ares, que ofreceron unha conferencia de prensa no Hospital de Burela para dar conta da última hora deste brote, un dos que máis preocupan a nivel nacional. Dos casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve.
21