Siemens Gamesa pechará a súa planta con 239 empregados en Navarra

0 minutes read

Nun comunicado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Siemens Gamesa Renewable Energy Eólica ( SGRE Eólica) anunciou “a súa intención de iniciar un procedemento de despedimento colectivo para proceder á extinción do centro de traballo/fábrica en Aoiz”.

A empresa anunciou recentemente a rescisión dos setenta contratos eventuais que tiña en Aoiz e os tres da de Cuenca, o que incrementou a preocupación dos sindicatos polos plans de futuro da compañía para ambas as factorías, que centran a maior parte da súa actividade na reparación e o mantemento de pas eólicas.