Os traballadores de Alcoa protestan ante a Xunta

1 minutes read

Centos de traballadores de Alcoa, acompañados de familiares, manifestáronse este mércores ante a sede da Xunta para pedir unha intervención pública e que os executivos central e autonómico “se deixen de liortas e remen na mesma dirección”.

Durante a protesta, os manifestantes botaron ovos con pintura e papel hixiénico á sede da Xunta e exhibiron féretros, bengalas e pancartas con lemas como “Enerxía solución”, “Eu voto peche non” ou “As cubas non paran”, en protesta polos plans da dirección de Alcoa de despedir máis de medio milleiro de empregados.

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, asegurou que a empresa Aluminios de España xa funcionaba antes de que chegase Alcoa e “seguirao facendo despois”, e sinalou que se a ministra de Industria, Reyes Maroto, “non ten valor para intervila, intervirémola os traballadores”.

A ministra de Industria pon a pelota no tellado da compañía. Cre que a decisión de pechar é de Alcoa e nega que o Goberno non estea a apoiar a continuidade da planta.