O BNG vén de solicitar a suspensión nos concellos afectados das eleccións ao Parlamento galego convocadas para o vindeiro domingo. A formación, tras unha reunión de urxencia da súa Executiva nacional, pide a suspensión sinalando que “a prioridade é garantir a saúde dos veciños e veciñas da Mariña” e que “controlado e superado o rebrote, será momento de buscar a fórmula máis acaída para que poda exercer o seu dereito ao voto con todas as garantías tanto democráticas como sanitarias”. O Bloque afirma que “ante a dimensión do rebrote da COVID19 cun cento de persoas contaxiadas polo virus e máis de 600 confinadas, nun contexto ademais no que falta un protocolo de actuación por parte do Goberno da Xunta”, débense concentrar todos os esforzos en atallar ao rebrote e así darlle á veciñanza “a oportunidade de votar coas máximas garantías sanitarias” máis adiante.
22