Campaña día 14 | Recta final marcada polo brote de A Mariña

2 minutes read

Os partidos continúan poñendo toda a carne na grella para captar votos nas eleccións do domingo. Estas son as principais mensaxes das diferentes formacións.

Partido Popular
O candidato do PP galego á reelección participou nun acto en Vigo. Alberto Núñez Feijóo dixo que se hai catro anos os galegos apostaron pola súa formación fronte a un multipartito “ahora hai máis razóns para facelo”. Feijóo pediu aos galegos que o domingo acudan masivamente ás urnas “e dean unha lección de democracia a aqueles que queren meter medo”. Feijóo insistiu en que “non quero ser o presidente das enquisas senón o presidente das urnas”.

PSdeG – PSOE
O ministro de Transportes, José Luis Ábalos arroupou en Ourense ao candidato socialista, Gonzalo Caballero. Ábalos pediu o voto alegando que “se gaña Caballero gaña Galicia”. Caballero afirmou que no caso de ser elexido presidente da Xunta, unha das primeiras decisións será a de mudar a intermodal de Ourense. Os socialistas pechan hoxe a campaña en Vigo acompañados por terceira vez nesta campaña polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

BNG
A caravana do BNG con Ana Pontón á fronte celebrou un acto en Vigo. Dende unha ateigada dársena de Beiramar, Pontón descartou a súa furia contra PP e PSOE, aos que acusou de que a cidade “perda fuelle”.

Galicia en Común
O candidato da confluencia Galicia en Común fixo campaña en A Coruña. Preocupado polo brote de A Mariña, Antón Gómez-Reino citou para mañá aos candidatos de PSdG e BNG ante a que dixo “inacción de Feijóo”.

Marea Galeguista
Intensa axenda a do candidato da Marea Galeguista nas últimas horas. Pancho Casal mantivo xuntanzas con mozos en O Grove, plataformas veciñais de Touro e O Pino, os reitores das universidades galegas e persoal de telemárqueting. Casal coincidiu cos reitores en demandar máis fondos para axustar a actividade universitaria á nova normalidade. Dende Touro demandou á Xunta que presente o decreto de peche definitivo de peche da mina local. Este venres o peche de campaña celebrarase á partir das 20 horas na praza da Ferrería, en Pontevedra.

Ciudadanos
O voceiro de Ciudadanos en Valencia, Toni Cantó, acompañou á candidata da formación laranxa á Xunta, Beatriz Pino. Estiveron en Vigo e Ourense, onde Pino comprometeu medidas para fixar poboación no rural.

Vox
O líder de Vox, Santiago Abascal, considerou en Santiago que o goberno central pretende acabar coa monarquía.