21
Centos de traballadoras e traballadores participaron na Coruña na marcha convocada polas forzas sindicais CIG, CCOO e UXT baixo o lema “Pola defensa do emprego e da industria electrointensiva. Enerxía solución”. A protesta partiu da sede da Xunta na cidade para rematar diante do edificio da Delegación do Goberno.
Esta mobilización estaba prevista para o pasado día 10 de xullo mais tivo que adiarse por motivos de seguridade após o fechamento da comarca da Mariña, onde se atopa a factoría de Alcoa San Cibrao (Cervo), polo foco de coronavirus. Desta vez o persoal desa multinacional tamén puido acudir, con excepción dos que traballan en Burela, concello que aínda ten restricións.