A operación denominada Bateas sáldase ata o momento con 12 detidos, 5 deles a bordo da embarcación. Pero tamén houbo arrestos en terra.
Esta organización criminal tiña a súa base na comarca do Salnés. Polo de agora sabemos de 7 detencións en terra. Houbo ademais 7 rexistros en Cambados, Vilanova, Caldas, Redondela e Moaña.
O veleiro foi interceptado ao sur das Azores nunha operación conxunta da Policía, Garda Civil e Axencia Tributaria. Calcúlase que no interior do barco hai uns 1.200 kgs de cocaína. O barco viaxa agora escoltado cara as Canarias, onde chegará a próxima semana.
A operación, dirixida pola Audiencia Nacional, comezou en decembro de 2019. O veleiro saiu do Porto de Cobres, en Vilaboa e cargou a droga procedente de Sudamérica a 600 millas de Cabo Verde.