Os equipos senior de Escolas Balonmán Xiria voltan aos adestramentos

1 minutes read

Os equipos senior de Escolas Balonmán Xiria voltan desde este luns 17 de agosto aos adestramentos para preparar a tempada 2020-2021. Será unha volta marcada pola crise sanitaria e os deportistas e staff técnico seguirán un estricto protocolo que permitirá volver aos terreos de xogo nun entorno seguro.

O Calvo Xiria comeza os adestramentos ás 21:00 horas no Vila de Noia ao mando de Adrián Dubra. O inicio da 1ª Estatal Masculina está programado para a primeira fin de semana de outubro co que o equipo masculino terá sete semanas de preparación para a mesma.

Pola súa banda, o Goldie Xiria Carballo Turismo comezará os adestramentos ás 22:00 horas no Pavillón do CEIP Fogar ao mando de Manu López. A 1ª Autonómica Feminina está previsto que comece a fin de semana do 20 de setembro.

Os equipos de categorías base comezarán as pretempadas nas vindeiras semanas, en función da evolución da situación sanitaria.