Un incendio en Palma obriga a evacuar 300 veciños

1 minutes read

O avance das lapas, ante as condicións meteorolóxicas adversas, leva arrasadas máis de 420 hectáreas e obrigou evacuar de xeito preventivo uns 300 veciños de distintos barrios do concello de Garafía, ao noroeste desta illa canaria. O incendio pasou ao nivel dous, polo que o Goberno das Canarias asumiu o control. Nas últimas horas o lume comezaba a estar máis ou menos estabilizado e as expectativas dos equipos de loita contra incendios melloran. Ata a zona desprazáronse desde Tenerife máis de 60 membros da Unidade Militar de Emerxencias para colaborar no seu control e agárdase a chegada doutros 50 desde Gran Canaria. Medios aéreos e terrestres traballan na extinción.