A Audiencia Nacional reactiva a causa da presunto financiamento ilegal do PP, coñecida como a dos papeis de Bárcenas. Abre dilixencias sobre tres contratos adxudicados por administracións controladas polo PP a empresas que tamén facían doazóns ao partido. O xuíz instrutor afirma que “existe unha correlación obxectiva, subxectiva e temporal” entre as entregas de cartos que os empresarios facían ao PP e os contratos públicos que recibían.
Bárcenas, que daquela era tesoureiro do PP, era o que recibía os pagamentos e os anotaba na caixa B do partido.
Un informe da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía (UDEF) detalla que unha vintena de empresas, entre elas Mercadona, OHL ou FCC, fixeron doazóns á caixa B do PP en distintos períodos electorais para sufragar as súas campañas a cambio de adxudicacións públicas.