O PSdeG tilda de “fracaso, falla de planificación e improvisación” o inicio do curso

1 minutes read

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, dixo que o aprazamento na volta ás aulas en Secundaria “é o recoñecemento do fracaso, da falla de planificación e da improvisación do goberno galego”. O responsable socialista afirmou que o goberno galego “tiña que atender á petición dos directores” dos institutos, e reclamou “a volta ás aulas con tódalas garantías”. Arangüena cualificou a xestión do goberno galego de “improvisación, chapuza, descontrol, desleixo e neglixencia. Ademais sinalou que “ninguén sabe” a día de hoxe dos novos profesores que ía contratar o goberno galego e dos que non hai “nin rastro”, mentres Feijóo elude explicar “que fixo cos 93 millóns de euros finalistas entregados polo goberno de España para Educación” cos que Galicia podería contar con 1.000 mestres a maiores.