O sistema público de saúde de Galicia recibe un total de 1.878.522 euros para financiar a contratación de 21 profesionais de diferentes áreas e recoñecida traxectoria no eido da investigación.
En concreto, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela contará cun total de 15 novos contratos, o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña poderá realizar 4 contratos, o Instituto de Investigación Biomédica Galicia Sur contará con 1 contrato e a Fundación Pública galega de Medicina Xenómica tamén con 1 contrato.
As axudas recibidas están enmarcadas na convocatoria estatal Acción Estratéxica en Saúde 2020 do Instituto de Investigación Sanitaria Carlos III, que ten por obxecto a concesión de subvencións dirixida ao financiamento de unidades vinculadas ás Plataformas ISCIII de apoio á I+D+i en Biomedicina e Ciencias da Saúde.