Os servizos de emerxencia desprazaron ata Domaio, no concello pontevedrés de Moaña, un helicóptero de rescate para efectuar a evacuación de cinco persoas que quedaron illados nunha batea despois de afundirse a súa embarcación.
Segundo a información facilitada polo particular que chamou ao 112 Galicia, a dorna na que navegaban afundiu nun lugar próximo as bateas de Domaio.
Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse aos Servizos de Salvamento Marítimo e de Gardacostas de Galicia.
De feito, foi a aeronave Pesca 1 de Gardacostas de Galicia a que, finalmente, puido rescatar as cinco persoas e trasladalas ata o peirao de Do Maio onde os esperaban os axentes da Policía Local informados polo 112 Galicia.
Compre destacar que os xestores do CIAE 112 Galicia alertaron do suceso tamén a Garda Civil, que mobilizou unha patrulleira ata o lugar, e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.