O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo no pleno do Parlamento autonómico que non pode asegurar que non haberá confinamento, aínda que o Goberno galego traballará para evitalo. Nese sentido, Feijóo engadiu que “a única opción” ata que haxa vacina son “peches e aperturas progresivas”.
Momento da intervención parlamentaria do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Na súa comparecencia no pleno, a petición do BNG, confiou en que de continuar “a tendencia á baixa” dos últimos días, ao longo do mes de decembro poderanse “levantar algunhas das restricións”. Así, estacou que Galicia ten motivos para a “esperanza”, tanto polas máis de 30.000 persoas curadas, como pola “comparación” con outras comunidades.