As familias con rendas baixas poden pedir as máscaras de balde nos colexios

0 minutes read

As familias con rendas baixas terán máscaras gratis. Os colexios encargaranse da tramitación e da repartición. Este próximo luns ábrese o prazo de entrega e rematará o día 27. No centro educativo hai que entregar a solicitude que está dispoñible na sede electrónica da Xunta. Os alumnos beneficiarios das axudas para adquirir material escolar non é necesario que presenten ningunha solicitude, terán automaticante as máscaras de balde. A Consellería de Educación calcula que 100.000 escolares recibirán as máscaras gratuítas durante este curso.