21
- Varias testemuñas da caída deron a voz de alarma, pero perderon de vista á vítima
Efectivos de emerxencias atoparon o corpo do home que caera ao mar cando circulaba nunha cadeira de rodas polo porto de Burela, en Lugo.
O suceso produciuse ás 17:30 horas deste pasado mércores, e foron varios particulares quen avisaron ao 112 Galicia despois de ser testemuñas da caída da vítima. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, tras a caída as testemuñas do incidente perderon de vista á persoa.
No operativo interviñeron Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, membros da Cruz Vermella, os Bombeiros de Barreiros, membros do GES de Cervo, e axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade.