O PSdeG reclámalle á Xunta que garanta a viabilidade das fábricas de Xeal de Cee e Dumbría

1 minutes read

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, presentou unha pregunta oral en Comisión na que lembrou o compromiso de reclamarlle á empresa un plan de viabilidade con garantías da actividade industrial e dos actuais postos de traballo. Ademais, reclamoulle á Xunta que manteña un encontro cos alcaldes da comarca “que lle piden con preocupación ao Goberno galego que os informe da situación na que se atopa a factoría”. Advirte dos temores da plantilla de que “Xeal estea centrando o seu futuro na explotación dos recursos enerxéticos, agravando o deterioro paulatino das fábricas e amortizando man de obra”. Así o dixo logo de constatar a intención dos novos titulares de continuar co recurso de Ferroatlántica contra a resolución de Augas de Galicia que impedía segregar as actividades, e que vén de ser desestimado”.