O BNG lanza a campaña do 25N

1 minutes read

O BNG fai un chamamento a visibilizar a violencia machista nesta pandemia. Nese empeño presentou a súa campaña co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o próximo 25 de novembro. Lembra o BNG que segue aí e pide un maior investimento na loita contra esta eiva.“Temos dereito a ser libres e iguais, a estar no mundo como queiramos sen ter que pagar pola nosa liberdade, mesmo coa vida”, destacou a portavoz nacional, Ana Pontón.

O BNG advirte que o contexto COVID dificulta a auto-organización para combater o machismo e a existencia de espazos seguros e engade novas dificultades para que as vítimas de violencia rompan o círculo e procuren axuda.

O Bloque formula unha serie de medidas que levará ao Parlamento, empezando por unha campaña institucional de sensibilización e un plan específico para a mocidade nos centros escolares para tratar de forma específica o acoso. Ademais, demanda que a Xunta incorpore nos orzamentos 2021 unha transferencia extraordinaria de 1,5 M€ aos concellos que contan cun CIM e, unha vez máis, reclama destinar a loita contra a violencia machista o 1% do orzamento galego.