Man tendida para lograr aprobar por unanimidade a Lei de impulso demográfico

1 minutes read

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu no Pleno do Parlamento galego o carácter “dialogado, plural e aberto ao consenso” do Proxecto da lei de impulso demográfico de Galicia e tendeu a man para lograr a súa aprobación por unanimidade. Fíxoo no debate sobre as emendas á totalidade presentadas polos grupos da oposición. Deste xeito, o primeiro texto legal de España que eleva a cuestión demográfica a rango de lei continúa a súa tramitación parlamentaria.

Intervención parlamentaria da conselleira de Política Social, Fabiola García.

Fabiola García explicou que o obxectivo de acadar o máximo consenso en torno á Lei de impulso demográfico estivo presente desde o principio da súa xestación, e que por iso entre a súa fase de anteproxecto e a proposta elevada ao Pleno do Parlamento cambiou o 44% do seu articulado.

En primeiro lugar, o texto legal baseouse na análise previa e nas liñas mestras que aprobou por unanimidade o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, no que están representados os grupos políticos, os axentes sociais, as Universidades e expertos en demografía.