19
Segundo os datos publicados polo Observatorio de Abanca, en Galicia medraron as compras por internet un 29 por cento en novembro con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Pero en termos interanuais as vendas, físicas e online, caeron un 8 por cento. En novembro no que máis gastaron os galegos foi en alimentación e en farmacia, máis que antes da pandemia. Tamén medraron as compras de produtos multimedia polo efecto do Black Friday. Pola contra caeu o gasto en roupa, e tamén no ocio e na restauración polas restricións desta segunda vaga da pandemia derivada do coronavirus.