Será co fin de garantir a continuidade da súa actividade durante os anos 2021 e 2022. Trátase de que, grazas a estas achegas, poidan proseguir coa implementación das estratexias nos distintos territorios mediante a selección de novos proxectos que contribúan a acadar un maior grao de desenvolvemento das áreas rurais, dentro da medida Leader.
A maiores, mediante estas aportacións dáse cumprimento ao establecido polo Plan de Reactivación deseñado pola Consellería do Medio Rural no que atinxe ao apoio aos GDR para impulsar medidas para sectores como o agroalimentario, o gandeiro, o forestal, o turístico, o ambiental ou o do pequeno comercio.
Así lle lo comunicou a directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, aos responsables dos 24 GDR galegos, cos que mantivo unha reunión de traballo por videoconferencia. O Consello da Xunta autorizou precisamente a pasada semana a sinatura das correspondentes addendas aos convenios asinados entre Agader e os GDR para formalizar estas aportacións.