19
Tras unha tempada sen equipo, este domingo 13 de decembro volve para quedarse o equipo sénior feminino do Basket Xiria, faino ás 12 do mediodía no Pavillón Vila de Noia baixo o patrocinio da empresa local Dimolk nun partido fronte ao Santo Domingo de Betanzos. Cunha media de idade de 20 anos, o Dimolk Basket Xiria xa leva dous meses adestrando e está preparado para unha tempada atípica, pero chea de Baloncesto.