Natación | Promesas, júniors e séniors estréanse na Carballo Calero

1 minutes read

A Piscina Municipal Carballo Calero acolle a 1ª xornada da Liga Galega de Promesas esta fin de semana en horario de sábado á tarde (16:00 horas) e o 1º Control de Marcas Jíunior e Sénior en horario de domingo á mañá (9:00 horas). Ambas competicións levaránse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras.

Ademáis no caso dos maiores haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e competición, e en ningún dos casos se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación baixo acreditación e de xeito graduado. O sábado aliñaráse un equipo de promesas composto por 25 nadadores-as, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 21 restantes á masculina, fronte aos 8 nen@s do CN.Arteixo. O domingo pondremos en liza outros 30 nadadores-as júniors e séniors, das cales 10 pertencen á categoría feminina e os outros 20 á masculina fronte as 4 nadadoras do CN.Arteixo, as 8 do CN.Coruña e aos 19 nadores-as do CN.Cidade Santiago.