21
Trátase de Aarón Trabazo de 23 anos e unha moza de 25, Judit Jiménez. As súas familias pensan que os dous poderían estar xuntos e fan un chamamento á colaboracion cidadá para dar co seu paradoiro. A desparecida é de complexión delgada, morena e non supera o 1,52 de estatura. O mozo ten diferentes tatuaxes polo corpo, mide un metro sesenta centimetros e tamén é de complexión delgada. Nos últimos días algunhas persoas situábanos en Marín e en Ourense. As súas familias nada saben deles dende hai unha semana.