O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na Coruña co Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na primeira reunión da Comisión de Seguimento sobre o futuro de Meirás, onde se salientou a necesidade de garantir e facilitar o acceso á cidadanía para dar “verdadeiro sentido á súa recuperación para o patrimonio público”. Ambos coincidiron na necesidade de sumar voces e que a Comisión de Seguimento adquira un carácter máis plural onde se poidan incorporar novos puntos de vista e sensibilidades que garantan avanzar de xeito participativo na definición do futuro de Meirás. Por iso, solicitaron sumar ás áreas de Cultura e de Igualdade das diferentes administracións a este grupo de traballo.
21