Feijóo avoga por reforzar a colaboración institucional coas deputacións

1 minutes read

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou por reforzar a colaboración institucional coas deputacións para seguir mellorando a calidade dos servizos públicos e consolidar unha estrutura administrativa sen duplicidades, afondando no proceso de sinerxías e promovendo a prestación supramunicipal de servizos.

“Imos seguir traballando xuntos, coordinando a actividade en beneficio dos concellos”, dixo, tras unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, na que apostou por reeditar nesta lexislatura o documento asinado en xuño de 2012 coas catro deputacións.

Sobre este punto, destacou o acordo coa Deputación de Ourense en materia de abastecemento e saneamento para formar parte do proxecto de administración hidráulica, que será remitido ao Parlamento no primeiro semestre de 2021, co obxectivo de axudar aos concellos que teñen competencia exclusiva neste eido.