O Calvo Xiria BM faise co derbi na casa do OAR | Xa é líder en solitario

1 minutes read

Fin de semana inmellorable para o Calvo Xiria; que conseguiu impoñerse ao Oar Coruña a domicilio e aproveitou o tropezo do Lanzarote en Bueu, para gozar no parón de Nadal como líder do grupo A.

Choque de trens entre dous equipos motivados por levar o encontro con dúas defensas de ferro. O OAR inauguraba o marcador de libre directo, pero o Calvo Xiria impúxose con claridade tanto en defensa como en definición en ataque e ao descanso mandaba no luminoso 8-11. Máis do mesmo tras a continuación, o equipo carballés saíu moi enchufado ao partido. As exclusións e unha rigorosa arbitraxe, do que non deixaron de queixarse os locais, provocaron a expulsión de Jacobo Novoa. Mentres, o Calvo Xiria aproveitou a ocasión para seguir á seu, facer bo balonmán, levándose o partido por unha superioridade considerable de 13 goles, 20-33.

O equipo crece co paso das semanas e agora terá un pequeno parón antes de retomar os adestramentos, para enfrontarse coas máximas garantías a 5 meses longos de competición.