A Xunta eleva as restricións en Rianxo e rebáixaas en Muxía

1 minutes read
  • Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas deste mércores despois de ser publicadas no DOG

O comité clínico da Consellería de Sanidade acordou este luns novos cambios no referido ás restricións en varios concellos. Na Costa da Morte destaca Muxía, que descende ao nivel básico, mentres que a localidade de Rianxo pasa ao nivel máximo.

Outros dos concellos nos que se suavizaron as medidas restritivas son Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa. Nestes casos suprímese a limitación de mobilidade.

O municipio de Moaña descenderá ao nivel medio de restricións; e Vilalba, Tui e Ponteares baixan ao nivel medio alto.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou manter unha vixilancia especial en Verín e implementala nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia.

Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia este martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.