Alberto, Alberto, quero o bar aberto!

1 minutes read

Os hostaleiros de Santiago de Compostela organizaron este luns un acto de protesta ante a residencia oficial do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para mostrar a súa desconformidade coas novas restricións de ocupación decretadas para este sector polo Goberno galego a causa da repunta de contaxios da covid-19 durante as festas do Nadal. Os participantes na protesta, que reuniu ao redor de 250 persoas, protagonizaron unha sonora cacharrada na que tamén puido verse a algún dos asistentes portando cirios que representaban a inminente morte deste sector. Ademais os manifestantes entoaron consignas como Alberto, Alberto, quero o bar aberto! para demandar unha rectificación das decisións adoptadas ou, polo menos, axudas para paliar o impacto das mesmas.