“O novo Centro de Saúde Integral representará unha oportunidade de mellora dos servizos sanitarios da cidade, unificará a atención sanitaria do barrio das Travesas e incrementará a carteira de servizos de atención primaria que se presta na actualidade”. Con estas palabras explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, os beneficios para a cidade de Vigo do futuro Centro de Saúde Integral Olimpia Valencia, cuxo proxecto foi presentado este sábado.
O conselleiro asegurou que a nova infraestrutura sanitaria vaise acometer este ano, para o que xa están consignado 1 millón de euros dirixidos á licitación e inicio da obra.
O futuro CIS, que emprazarase no antigo edificio dos xulgados da rúa Lalín -unha vez trasladados estes á Cidade de Xustiza- beneficiará a unha poboación de 42.000 persoas.
O obxectivo fundamental da nova infraestrutura é substituír ao centro de saúde de López Mora, que está obsoleto, presentando unhas condicións estruturais que son mellorables, cunha evidente limitación espacial que condiciona o seu crecemento e desenvolvemento.
Ademais, permitirá completar a carteira de servizos de atención primaria e dotar a esa zona daquelas prestacións que, a día de hoxe, non están dispoñibles en ningún dos seus centros de saúde, como Fisioterapia, Odontoloxía e Farmacia.