Vigo, Pontevedra e outros 53 concellos en nivel máximo de restricións

1 minutes read

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia acordou na súa reunión deste luns elevar ao nivel máximo as restricións nos concellos de Vigo e Pontevedra e outros 53 concellos da comunidade autónoma galega:

  • Na área sanitaria da Coruña: Betanzos, A Laracha, Sada, Abegondo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Dumbría, Muxía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar
  • Na área sanitaria de Lugo: Burela, Cervo e O Vicedo
  • Na área sanitaria de Ourense: Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos.
  • Na área sanitaria de Pontevedra: A Lama, Catoira, Forcarei, Meis e Moraña.
  • Na área sanitaria de Vigo: Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz e Salceda de Caselas.
  • Na área sanitaria de Santiago: Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda
  • Na área saniataria de Ferrol: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Mugardos, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.

Deste xeito, Galicia pasa a ter 115 municipios no nivel máximo de restricións, o que supón un 72% do total da súa poboación, segundo informou a Consellería de Sanidade, que este martes explicará máis en detalle das novas medidas, incluída a data da súa entrada en vigor.