O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, rexeitou este luns a “solución fácil” do confinamento que expuxo o BNG e que considera que só está baseada na “opinión persoal” de quen a propón, a portavoz nacional do partido, Ana Pontón. Pontón propuxo este luns un “confinamento de quince días” se a terceira onda de contaxios non remite proximamente. Puy considerou que as medidas propostas polo comité clínico, que asesora á Xunta na xestión da pandemia, son as que se deben “seguir e atender” porque é “bo coñecedor das circunstancias e ten información” respecto da situación epidemiolóxica de Galicia. “Mentres o virus siga por aí a solución fácil é que todos nos metamos en casa”, admitiu Puy, pero puntualizou que “iso ten outras consecuencias, sen abandonar o propio campo da saúde pública”.
20