As solucións para reparar a estrada do Faro Touriñán non convencen ao PP de Muxía

1 minutes read
  • Os populares sinalan que o orzamento para arranxar a estrada debería de ascender a máis dun millón de euros

O grupo do Partido Popular de Muxía pediu fai uns días a convocatoria dos portavoces municipais para buscar unha solución ás deficiencias que está mostrando a estrada do Faro Touriñán, que aínda está sendo executada.

O goberno local asegurou que conta coas garantías, por parte da empresa constructora e da autoridade portuaria, de que se realizarán as reparacións pertinentes, se ben as obras deixaron de executarse debido ás malas condicións meteorolóxicas.

Aínda así, o PP de Muxía non se mostra convencido e a súa portavoz, Sandra Vilela, considera que o verdadeiro problema non reside na choiva senón “en que había que levantar a estrada para labrala e pisala”. A popular destaca que as obras para esta estrada debería de ter un orzamento de máis dun millón de euros e non o actual, cifrado arredor de 367.000.