Hospitalizan 11 mariñeiros por coronavirus en Vigo

0 minutes read

Son membros de diferentes tripulacións de barcos pesqueiros. Gardaban a corentena á que están obrigados cando embarcan ou chegan a porto, para evitar gromos. Permanecían nun hotel de Vigo, pero tiveron que ser trasladados ao Hospital Fátima ao empeorar a súa situación clínica. O gromo aféctalles a máis mariñeiros, pero, polo de agora, o seu estado non precisa de hospitalización. Foron tratados no hotel onde permancen illados. Todos os infectados teñen entre 25 e 40 anos.