A súa morte foi anunciada pola directora executiva da axencia de representantes Rogers&Cowan PMK. Berger confirmou que faleceu mentres durmía, pero non especificou a causa médica exacta.
Redford comezou a súa carreira como actor na década de 1960, con pequenos papeis en series televisivas como ‘Perry Mason’, ‘Alfred Hitchcock presenta’ ou ‘A dimensión descoñecida’. Pero non foi ata o final desa década cando os seus papeis protagonistas en dúas grandes películas da época -‘Descalzos polo parque’ (1967) e ‘Dous homes e un destino’, onda o seu inseparable Paul Newman- chamaron a atención de Hollywood.
Nos 70 xa era toda unha estrela, o que lle permitiu comezar a traballar cun dos grandes directores da súa época, Sidney Pollack. Con el rodou filmes do calibre de ‘As aventuras de Jeremiah Johnson’ (1972), ‘Tal como eramos’ (1973), coprotagonizada por Barbra Streisand, e ‘O golpe’ (1973), pola que se alzou co seu único nomeamento ao Óscar como mellor actor.