O vindeiro 27 de setembro tes unha cita co deporte, coa natureza e coa solidariedade. Un percorrido de 10 km para as categorías absolutas, con saída na Praza de Villar Amigo e chegada no Paseo da Praia. Ademais, carreiras base e unha proba popular de 2 km polo Porto, perfecta para gozar do ambiente deportivo. Inscricións abertas ata o 23 de setembro en championchipnorte.com.
Cada corredor/a recibirá unha camiseta conmemorativa e, o máis importante, a túa participación sumará nun fin solidario: 1 € de cada inscrición irá destinado á Asociación Española Contra o Cancro. Haberá trofeos artesáns de Buño para os gañadores e medallas na proba 2K.