O Club Salvamento Acuático Laracha consolídase como referente do salvamento deportivo en Galicia e España

2 minutes read

Faino tras os impresionantes resultados dos seus deportistas Pedro Caamaño Verdía e Shaila Rodríguez Rodríguez, previamente concentrados coa Selección Galega de Salvamento e Socorrismo no Campionato de Comunidades Autónomas celebrado esta pasada fin de semana en Pontevedra (piscina) e en Sanxenxo (Praia).

Pedro Caamaño: campión de España e récord galego

Pedro Caamaño, deportista do Club Salvamento Acuático Laracha, proclamouse campión de España nos 100 metros arrastre de maniquí con aletas, logrando o mellor tempo rexistrado por un cadete en Galicia nunha piscina longa (0’56’45’):, superando así a súa propia marca ainda que os seus adestramentos habituais se realizan en piscina curta. Ademais acadou:

  • 4º en 50 m. arrastre de maniquí
  • 9º en 200 m. supersocorrista
  • 4º en sprint praia

En probas de relevos, Caamaño sumou:

  • 2º en relevo sprint cadete masculino
  • 4º en 4×25 arrastre de maniquí
  • 4º en 4×50 relevo combinado
  • 5º en 4×50 relevo socorrista mixto
  • 5º en salvamento con tubo de rescate masculino

Shaila Rodríguez: brillante actuación en auga e praia

Shaila Rodríguez, tamén do Club Salvamento Acuático Laracha, destacou por:

  • 4º en banderas en praia
  • 6º en sprint praia
  • 10º en 100 m. arrastre de maniquí con aletas
  • 11º en 200 m. supersocorrista

Nos relevos, sumou estas posicións para Galicia:

  • 2º en 4×25 arrastre de maniquí femenino
  • 2º en relevo sprint cadete femenino
  • 3º en salvamento con tubo de rescate cadete femenino
  • 4º en relevo tríada mixto
  • 5º en 4×50 relevo combinado femenino

Resultados da Selección Galega e relevancia do Club Salvamento Acuático Laracha

O papel do Club Salvamento Acuático Laracha foi clave para que a Selección Galega acadase:

  • 2º posto en España na clasificación xeral cadete masculina
  • 4º posto en España en cadete feminino
  • 3º posto en España na clasificación xeral cadete.

O Club Salvamento Acuático Laracha é un club federado, activo dende 2002 e referente en salvamento e socorrismo en Galicia. Participa en competicións autonómicas e nacionais, con equipos dende categorías base ata absolutas, formando deportistas e promovendo valores de seguridade acuática e deporte inclusivo.

Estes resultados avalan o esforzo continuo no adestramento, o traballo en equipo e a capacidade competitiva do club, posicionando á Laracha no máis alto do salvamento deportivo nacional.