Momento do arrefriamento da chimenea da panadería.
0
Faltaban uns minutos para as catro da tarde deste sábado cando o 112 Emerxencias Galicia daba a voz de alarma por un lume declarado nunha chimenea dunha panadería ubicada no lugar de Barís da parroquia carballesa de Rus. Inmediatamente trasladáronse ao punto dous camións de bombeiros e outro autoescada, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. Por sorte, non houbo danos persoais e o lume foi atallado a tempo, aínda así os bombeiros tardaron preto de media hora en arrefriar a instalación dende o autoescada debido á alta temperatura que acadou a chimenea.