O Fórum Carballo ofrece novas accións formativas en soldadura, instalacións electrotécnicas e telecomunicacións

1 minutes read

O Fórum Carballo acollerá nos próximos meses dúas novas accións formativas pertencentes ao Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia (persoas traballadoras desempregadas), nas que poderás formarte en dous sectores con moita demanda laboral: soldadura mig/mag e montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios.

SOLDADURA POR ARCO BAIXO GAS PROTECTOR CON ELECTRODO CONSUMIBLE, SOLDEO MIG/MAG (código curso: FMEC0119-2. Nivel II): 

Data prevista de inicio: 01/12/2025

Data prevista finalización: 13/05/2026

Horario: luns a venres de 15.30 a 20.30 h no Fórum Carballo

Horas de formación: 568, incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas

Requisitos de acceso:

  • ESO ou equivalente
  • Certificado de profesionalidade de nivel II
  • Certificado de profesional de nivel I da mesma familia profesional
  • Competencias clave de nivel II
  • Ter superado un curso de formación específico preparatorio para o acceso a ciclos de grado medio
  • Superar unha proba de acceso a ciclos formativos de grado medio
  • Título de Formación Profesional Básica
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos
OPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE DE INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS  (código curso: ELES0208. Nivel I): 

Data prevista inicio: 01/12/2025

Data prevista finalización: 14/04/2025

Horario: luns a venres de 9.00 a 14.00 h no Fórum Carballo

Horas de formación: 458, incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas.

Requisitos de acceso: ningún

Solicitudes: na OFICINA VIRTUAL do Servizo Público de Emprego de Galicia (https://diplos.xunta.gal) ou na oficina de emprego.