Este sábado día 27 de marzo de 2026, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 horas, a terceira das Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nadadores-as da A.D. Fogar suman 6 puntos e están a ocupar a cuarta praza desta Fase Preliminar. Nesta terceira rolda concursaremos cun total de 24 nadadores-as, das que 9 pertencen á categoría feminina e outros 15 á masculina. Na xornada nadaránse as probas individuais dos 1500, 200, 100 e 50 metros libres, os 50 braza, os 200 bolboreta e os 100 costas e estilos, ademáis das remudas por equipos dos 4×100 e 4×200 metros libres. Con poucas opcións de meternos no grupo dos 3 primeiros que loiten na final polo ascenso á División de Honra, o noso obxectivo esta tempada segue sendo o de manternos na Primeira División.
7