A A.D. Fogar renderá homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo

1 minutes read

As persoas que forman parte da Agrupación Deportiva Fogar non poden esquecer a figura de Pedro Luis Fernández Pombo, directivo fundador e socio honorífico desta entidade desde o ano 2014, tamén avogado e músico, que faleceu de forma repentina o 28 de xaneiro do ano 2022. Pedro xa fora vogal da agrupación deportiva na primeira xunta directiva constituída alá por outubro de 1988 e máis recentemente practicaba a natación como socio do clube e encargábase tamén da coordinación dos xuíces de natación en Carballo como membro do comité galego de árbitros da FEGAN. Desde a xunta directiva actual e en nome de todos os técnicos, socios, deportistas, amigos e simpatizantes da entidade, queren render homenaxe a súa memoria coa posta en marcha da primeira edición do seu trofeo de natación e natación máster coa firme intención de que sexa a primeira de moitas e un referente tanto a nivel autonómico como nacional. Será os días 16 e 17 de decembro na piscina municipal Carballo Calero.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?